ORPAL – 46 é unha Asociación con ámbito nacional, e está composta por armadores de buques, con bandeira española, que faenan co arte de palangre de fondo e de superficie. Estos buques teñen su actividade principal en augas próximas ás das costas de Galicia e Portugal, e tamén en Mauritania. Próximamente incorporaranse varios barcos ao caladeiro de Marrocos, unha vez que entre en vigor o novo acordo de pesca entre a Unión Europea y Marrocos.
Estos buques capturan principalmente as especies seguintes: pescada, palometa, besugo, pargo, cherna, peixe espada, marraxo, etc.

Además ORPAL – 46, está asociada á “ORGANIZACIÓN NACIONAL DE ASOCIACIÓNS PESQUEIRAS (ONAPE)”, con sede en Madrid, que está considerada como unha das dúas Confederacións de Asociacións Pesqueiras máis importantes de España, pola importancia da súa representatividade dentro da totalidade do sector pesqueiro.

ORPAL INTERNACIONAL, constituiuse para responder á necesidade dos armadores de buques de pesca, que por diferentes circunstancias, tiveron que constituir sociedades mixtas en terceiros países con posibilidades de pesca, como Marrocos, Mauritania, etc.
Os barcos pertencentes a estas empresas adícanse principalmente á captura de pescada, palometa, cherna, besugo, sable, congrio, peixe espada, marraxo, etc.

Na actualidade esta Organización está a traballar en proxectos en Uruguay, Perú e Ecuador, coa finalidade de ampliar o radio de acción da súa frota á novos caladeiros, e de aumentar con novas unidades. Tamen se está realizando as xestións pertinentes para realizar novos proxectos de pesca experimental, en diversos países con recursos interesantes.

ORPAL INTERNACIONAL, é, ao mesmo tempo, membro do“CLUSTER DE EMPRESAS PESQUEIRAS EN PAISES TERCEIROS”, que agrupa á práctica totalidade das empresas pesqueiras extractivas españolas que participan en sociedades mixtas en países non comunitarios.