|
18 novembro 2006
AAPRA (Asociación de Armadores de Palangre de Riveira e Aquiño) xa
ten web. A nova ferramenta servirá de conector entre asociados e
membros tanto no seu pais como fora. A través da web infórmanse da
súa actividade, os seus barcos e as súas noticias. Esta ferramenta
tamén pretende ser punto de referencia para os que non coñecen a
asociación ou aos seus membros. A asociación espera que as novas
tecnoloxías axilicen a comunicación diaria para todos no relativo á
información e a comunicación.
|