A Asociación de Armadores de Palangre de Riveira e Aguiño (AAPRA), constituese o 10 de Abril de 1982, agrupando a todas as empresas pesqueiras, armadoras de buques palangreiros dos portos de Riveira e Aguiño, entre outros, con unidades operando no caladeiro de Marrocos e no Cantábrico- Noroeste, convertíndose dende a súa fundación, na organización pesqueira máis importante do territorio nacional, dentro da modalidade de palangre de fondo.
O fin que se perseguía dende a súa constitucion era o de dedefender os intereses dos asociados e fomentar a súa mellora económica e social, mediante acción conxunta destes, sumando esforzos nunha obra colectiva.
Co paso do tempo, a Asociación foise adaptando as novas tendencias do sector pesqueiro, dentro da Política Común de Pesca da Unión Europea. Esta foi a razón da súa creación, dentro do seu ámbito organizativo a "ASOCIACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES DE PESCA DE PALANGRE (ORPAL 46)", fundada o 5 de Agosto de 1994, polos mesmos asociados de ARPA.
Tra-la expiración do último acordo de pesca entre a Unión Europea e o Reino de Marruecos, a flota que compoñía a Asociación, afrontou unha etapa extremadamente crítica, ao ter que paralizar os seus barcos, recentemente renovados, por non ter alternativas de caladeiros cun mínimo de rendabilidade. Esta situación derivou na internacionalización da maioria das empresas, que volveron a pescar en Marrocos baixo o sistema de sociedades mixtas. Como consecuencia, e coa finalidade de continuar defendendo os seus intereses, constitúese, o 3 de outubro de 2003, a "ASOCIACIÓN DE ARMADORES DE PESCA DE SOCIEDADES MIXTAS EN PAÍSES TERCEIROS (ORPAL INTERNACIONAL)".
Actualmente, a Asociación de Armadores matriz, xunto coas outras duas asociacións que a integran, lograron consolidar o grupo de armadores de buques pesqueiros, palangreros de fondo, máis importante de España e un dos máis importantes da Unión Europea.
|